Estructura web

martes, 20 de enero de 2015

Meia Maratona Manuela Machado por Toño


Había tres anos que participara nesta proba e ficara namorado da proba, do ambiente e da cidade. También ía participar o meu colega Jesús, quen por cuestión maritais que non veñen ao caso explicitar, tamén gusta especialmente desta proba.
Que contar?  Pois una experiencia curiosa, chea de dúbidas constantemente. A primeira foi sobre o estado de forma. Hai tres anos tamén viña dunha gripe e decidirá saír con calma, como no km 10 atopárame ben, forzara a marca para rematar en 1.25´. Como estaría hoxe. Despois dun forte catarro e con poucos e malos adestramentos? Aguantaría o ritmo de 4´/km?
O sábado chegamos ao xantar á Fortaleza. Logo en Viana recollemos o dorsal, tiramos unha foto con Jesús Bernal, degustamos a pastelería de Viana e camiñamos, entrando en moitas tendas, de regreso ao hotel posto que como non paraba de chover decidíramos facer uso do SPA.
Boa sesión de relaxación. A auga continúa a caer polo que xa ceamos no hotel. Pola tarde chegou Jesús, recolleu o seu dorsal, tomou una piza e, tamén para o hotel. Pequeno almorzo contundente. Ledicia por atoparme cos amigos do Praia de Carnota Runners. Tirada ata a liña de saída para atoparme con Jesús. Foto.


  Pouco quecemento posto que non hai caixóns de saída e hai moitísima xente xa detrás da meta.
Cun mínimo retraso iniciamos a proba. Estamos moi atrás. É difícil pasar xente. Vexo como Jesús vai pola beirarrúa, axiña tamén fago o mesmo e incluso cambio de carril. A pesar de todo o meu primeiro quilometro non saíu demasiado mal: 4.15´´


No segundo quilómetro, con moita auga na estrada, fun saudando aos amigos que ía adiantando (o pelotón dos Taninos con Edu e Rama, entre outros, a Félix…) Estes mil metros xa saíron por baixo dos catro minutos. Noto que unha zapatilla vai frouxa de máis. Sería posible que se volvera desatar? Outra vez? Pasarei varios quilómetros moi pendente dela mais como o pé foise hinchando esquecería de posible problema. Sigo pasando xente pero co convencemento que íame custar moito manter o ritmo. Cando iniciamos a/s subida/a, xurde outra dúbida: terei demasiado gastadas a sola das zapatillas? Noto falta de agarre no asfalto. Sei que estas zapas están no remate da súa vida (850 km) pero hoxe non era día de estrear as novas.
Son quilómetros en subida nos que me defendo ben pero xa me van adiantando bastantes colegas. Non consigo facer grupo pero case nunca vou so. Tras pasar o km 9 crúzome con Jesús. Creo que non vai moi ben pois calculo que so me leva dous minutos. Paso o km 10 en 40.02. Non está mal posto que foran uns quilómetros con moita subida.

Iniciamos o regreso. Trato de manter a cabeza ocupada para que o cansazo non a derrote. Creo que baixo algo o ritmo. No km 12 dous colegas de Vigo adiántame cada un por un lado. Falo con eles. Trato de aumentar o ritmo e tirar con eles. Fago medio quilómetro por baixo do ritmo desexado mais axiña iranme collendo uns metros. Intento que non se me vaian moito e que me sirvan coma referencia. No km 15, chégame o cansazo e noto como un xemelgo ameaza con cargarse. Danme gaña de afrouxar pero sorpréndome a min mesmo porque non o fago. E tiro, tiro, tiro.
Imos baixando cara a Viana. Posicións moi estabilizadas. Agora creo que paso a máis xente da que me adianta. Vou canso pero contento. Non me creo que o corpo me aguante o ritmo que quere marcar a cabeza. Jesús avisárame de que os tres derradeiros quilómetros faríanse moi longo (é un novo percorrido para min; hai tres anos era outro). Cabeciña ben amoblada. Toca sufrir. No km 19 o xemelgo esquerdo comeza a molestar seriamente. Outra dúbida, terei que parar posto que a cargación comeza a seren preocupante? Cando collo a alguén anímoo para que tire. Fágoo especialmente no último quilómetro. Tanto animei aos que adiantaba que acabarán pasándome nos últimos metros.
Resultados: Jesús fai meta con 1.20.34´´ de 131 na absoluta e de 21 na categoría. Eu entro en 1.24.34´´ de 241 de 26 na categoría. Saúdo e abrazo con Jesús. Que grande. Sufrindo pero con 1.20. Como son os vascos, carallo

Viana fica no coraçao.
Toño

No hay comentarios:

Publicar un comentario