Estructura web

viernes, 16 de enero de 2015

A Gala Anual do Atletismo Galego sera en Sada o dia 6 de febreiro


O Concello de Sada foi o elexido para acoller este fantástico evento que pon fin a unha tempada chea de éxitos. A Gala Anual do Atletismo Galego congregará a centos de destacados atletas, clubes, adestradores e xuíces. Se recoñecerá a labor feita por institucións e empresas que apoiaron ao atletismo neste último ano, premiaranse aos medallistas en Ctos. de España e internacionais, tamén haberá recoñecemento para os xuíces, adestrastores e clubes. Todos os interesados en asistir familiares, amigos e atletas premiados (en breve publicarase un listado cos galardóns) deberán introducir os seus datos no seguinte formulario (CLICK AQUI)
 
























 A Federación Galega de Atletismo agradece dende xa ao Concello de Sada a súa colaboración neste evento. (V.A.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario