Estructura web

jueves, 20 de febrero de 2014

Mitja Marató Barcelona

Para compensar os excesos de boa parte do club na Feira do Cocido de Lalín decidín apostar pola dieta mediterránea e trasladeime a Barcelona, para participar na Mitja Marató e debutar na distancia representando ao CAS.
A verdade é que se fixo un pouco raro, ningunha cara coñecida, non chovía, non soplaba o vento, non facía frío...raro, raro, raro, pero alí estabamos, na compañía dun amigo, mais ciclista que corredor, pero que se animou a botar unha carreira. Unha foto na pancarta de saída para a posteridade e para atrás, ao noso sitio.



O obxectivo era rematar xuntos, desfrutar do percorrido por toda a cidade e prepararse para a Vig Bay. Había bo ambiente, quizáis algo frío pola hora da saída, as 08:45 h,  e moito guiri. Nós,  ao final do último caixón, saimos ás 09:00 h, casi 15 minutos despois da saída oficial. Finalmente  había algo mais de 12.000 corredores.

A zona de saída e chegada era entre o parque da Citdadella, onde está o zoo, e o Paseig Sant Joan. Saímos cara o mar, con calma, hai moita xente e non hai prisa, achegámonos á estatua de Colón, onde as famosas Ramblas chegan ao mar, e tiramos polo Paralel, antaño centro do ocio nocturno, dos cabarets e os musicais. Desvíannos por unhas rúas paralelas xa que hai un tramo en obras, queren facer un boulevard para revitalizar a zona...é a moda.

Fin do Paralel e percorremos a Gran Vía, que sensación! correr por rúas anchas, con árbores e preciosos edificios, onde todos os días está cheo de coches hoxe nos toca a nós. Baixamos de novo cara ao mar, pasamos outra vez perto da zona de meta e enfilamos cara a Poble Nou pola rúa Pallars. Imos ben, a bo ritmo, xa se empeza a ver xente polas rúas aplaudindo, tamén os primeiros grupos de animación con tambores, o parque de bombeiros animando en pleno e case sen darnos conta xa estamos na metade de carreira. 

Subimos outra vez á Gran Vía, xa temos a tiro ás liebres de dúas horas, imos pasalos, imos ben, penso eu, pero non así o meu compañeiro que lle empezan a fallar as forzas, baixamos o ritmo, se nos marchan, cajiná! Collemos un ritmo mais lento e mais cómodo que nos permita seguir xuntos, pasan os km e xa estamos na Diagonal, un km para arriba e outro para abaixo, ata chegar ao mar. Neste punto, km 17, o compañeiro xa vai moi xusto de forzas, pero seguimos xuntos, viñemos a correr xuntos e diso se trata. 

A praia, as palmeiras do paseo, o sol...nada, non hai forma de que recupere, chega o km 19 e me di que para, que non corre mais! Paramos, o animo, "que non queda nada"... "que non, que non, que non corro mais!", mándame marchar e fago os dos últimos kms en solitario, sacando proveito das series dos entrenos e a moi bo ritmo, adianto a numerosos corredores, os que nos adiantaran a nós con anterioridade, e así ata a meta.

Chego ben, contento polo debut e polas sensacións de poder facelo moito mellor en futuras probas.  O avituallamiento está no paseo que leva ao Arco do Triunfo, onde poso para a foto cunha medalla ben chula que nos dan ao chegar.

Unha carreira moi recomendable, un percorrido bonito, prácticamente llana que a fai moi rápida...para os que corren moito, claro. Por certo, tan rápida foi que bateuse o record do mundo feminino da distancia. 

Qué foi do meu compañeiro? Pois seguiu cara a meta pero a uns 500 metros atopouse coa familia, saiu do percorrido e marchou con eles, polo que figura na lista dos abandonos. Tal é o tamaño da espiña que lle quedou clavada que xa se apuntou a outra media en marzo para poder pasar páxina. Isto das carreiras eche un vicio como outro calquera, crea adicción.

                                                                                                                          Nacho

No hay comentarios:

Publicar un comentario