Estructura web

sábado, 23 de noviembre de 2013

Xogando co Atletismo a favor de Caritas 15/1272013

O domingo 15 de Decembro o Clube Atletismo Sada organiza unha xornada de atletismo no Pabellon Polideportivo de Sada no que participarán os nenos de:
Clube Atletismo Sada
Club Coruña Comarca
Club Marineda Atletico
Club Atletismo Narón
Club Riazor Coruña
CEIP Sada y sus contornos
CEI Cruz do Sar Bergondo

Ó ser unha Xornada Benéfica, cada participante deberá traer como mínimo 1 alimento non perecedero, ( Latas, legumbres, sucre, aceite, etc,etc, pregámosvos que non traiades pasta, posto que en Caritas teñen excedente) e todoslos productos que traiades a maiores serán benvidos posto que na situacion economica que nos atopamos, Caritas necesita moita axuda de todos nos.

A xornada durará desde as 11:00 ata as 14:00 e 30 minutos antes do comezo faremos un control de chegadas para establecer os equipos.

As probas que realizaremos son as seguintes:

* Salto de altura ou salto de tixeira
* Salto lonxitude pes xuntos
* Velocidade 10x10 
* Lanzamento balón medicinal
* Salta pes xuntos laterales
* Relevos

Faranse equipos de 6 rapaz@s  que competiran nas categorias Benxamin, Alevín a Infantil.
Cada Clube ou Colexio poderá traer o numero de equipos que queira e no caso de non ter nenos suficientes para formar un equipo, poderase completar o equipo con nenos da categoria inferior.
Todos os componentes do equipo terán que realizar todalas probas.

Podedes facer as vosas inscripción AQUÍ e tedes ata o mercores 4 para facelas





No hay comentarios:

Publicar un comentario